sábado 8/8/20

O encoro das Conchas: un depósito de residuos tóxicos

MANUEL RIVERO O encoro das Conchas sofre un proceso de contaminación tan intenso, que  está convertido nun auténtico depósito de residuos...
Unknown
Unknown

MANUEL RIVERO

O encoro das Conchas sofre un proceso de contaminación tan intenso, que  está convertido nun auténtico depósito de residuos tóxicos. Amonio, nitratos, fosfatos e bacterias de diverso tipo, están a incrementarse de ano en ano, sen que se lles poña coto a esta cadea de despropósitos.

Vamos a utilizar termos médicos: diagnóstico, pronóstico e terapia, para visualizar a situación dun enfermo en situación crítica.

Diagnóstico: os datos aportados por o grupo ALBIOTOX, da Universidade Complutense de Madrid, pon os cabelos coma escarpeas, o ver os elevados rateos  de contaminación e os  efectos negativos na saúde das persoas, animais e plantas do seu entorno.

Cando un grupo de investigadores da categoría de Dna. Victoria López Rodas e D. Eduardo Costas, catedráticos da UCM, recoñecidos expertos a nivel mundial en augas contaminadas,centran a atención nun tema en concreto, é porque algo anormal está a pasar, e nas Conchas leva tempo pasando.

Pronóstico: ca situación actual, e a experiencia das mostras recollidas nestes últimos anos, principalmente dende o ano 2010, é fácil visualizar onde nos leva esta situación, e dicir, a peor. O noso enfermo, que neste caso é o encoro das Conchas, ten todos os condicionantes para empeorar día a día, se non se toman medias adecuadas de forma urxente.

Terapia: é o momento dos expertos no tema, eles aportan  datos e experiencias fiables,  que se poden comparar con situacións similares vividas en puntos diferentes do planeta, e así poder ver as consecuencias negativas a que os levou aquela situación.

Con toda esa información de calidade, fiabilidade e validez,  xa se poden deseñar metas retadoras, en base os seguintes parámetros: medibles;  específicas;  realistas;  éticas;  ecolóxicas; de contar con recursos e con tarefas específicas en tempo, modo e forma;  dentro dun marco temporal, con indicadores de cumprimento, que indiquen que se vai por o camiño adecuado.

 Tres son os actores principais, un no apartado científico e dous no económico:

a) os expertos no apartado científico, para deseñar as estratexias, que leven a cabo o cumprimento das metas establecidas.

b) e Gas Natural-Fenosa e Confederación Hidrográfica Miño-Sil, como principais responsables da calidade das augas. Ten que aportar os recursos económicos necesarios, que permitan afrontar e solucionar  este grave problema que afecta o encoro das Conchas.

Os tempos dos fogos de artificios, das boas intencións, de pórse de perfil, de esperar a que amaine ou de que a solución está en que chova máis, xa pasaron.

O problema non está nas declaracións desafortunadas dun alcalde a un medio de comunicación ou na incidencia das notas de prensa dunha asociación, ou o efecto rebote duns ou doutros.

Non desviemos a atención dos verdadeiros responsables, que son os que ten que solucionar o tema: Gas Natural-Fenosa, como concesionaria das augas, ten o deber de mantelas en perfectas condicións e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que ten que velar por a pureza e conservación dos nosos ríos.  Sen deixar de lado as responsabilidades do goberno autonómico, consellería de medio ambiente ou medio rural, goberno local e deputación. A ver se entre tantos actores se están a diluír as responsabilidades, e vemos o que está a pasar, plans, proxectos e máis intencións, mentres o enfermo empeora e morre.

Cando os efectos negativos do encoro das Conchas, estaban mais ben diluídos, é dicir, esa sensación agrea que tiñan os afectados de forma directa, que se viron obrigados a perder o seu pobo, como lles pasou os do Baño, no ano 1948; a sensación agrea-doce, que sentían os seus fillos, o ver, que a pesar da desfeita do encoro, había outras saídas, ate a sensación doce que xa tiñan os seus netos, o visualizar o encoro, como ese gran lago interior, do que poden recoller recursos para dinamizar a comarca.

Pensemos que o patrimonio, ten unha dobre vertente, é unha herdanza dos nosos antepasados e un préstamo dos nosos sucesores, así que, temos a obriga de coidalo, para poder traspasalo en mellores condicións das que o recibimos, e así continuar a cadea de valor que está establecida. Ese é o gran reto que todos temos co encoro das Conchas.

O encoro das Conchas: un depósito de residuos tóxicos
Comentarios