miércoles 12/8/20

ENTROIDO-COMISIÓN, COMISIÓN- ENTROIDO

57Xa fai uns días que quería dar o meu punto de vista sobre o entroido , e como digo simplemente é a miña reflexión que pode coincidir ou non coa maioría ou cunha minoría.

Xa nas mesas redondas que se celebraron antes do comezo do deste ano, se falou por parte de persoas, moito mais entendidas que eu sobre os temas, dos entroidos das diferentes comarcas, sen chegar , por suposto a ningunha idea xeral ou explicatoria do que lle pasa.

A miña opinión, que si coincide coa dos poñentes na súa gran maioría e que os entroidos evolucionan co tempo, e iso é irremediable, por moito que queiramos.

Outra das cousas que quedaron temen meriadianamente claras e a de que cando falamos da tradición, nunca encontramos esa data da tradición. Os 30,40,50, …2000…

Os “puristas” falan dun entroido sen “maquinillos”, claro, naquela época anos 70/80 non había baterías, xeradores e menos altofalantes autónomos, co cal eses “trebellos” era imposible que existirán, e tódolos cantes ían a golpe de gorxa.

As carrozas, ¡iso si que era divertido! é  outra das afirmacións de outros. Temos que ter en conta que as carrozas, custan moitos cartos, falo con coñecemento, e hoxe a xente non está disposta a inverter mais de 500 euros por persoa, solo nese trebello, polo que claro que teñen que descender.

Tamén falamos de xente. Efectivamente neses anos solo existía entroido no triángulo máxico. Hoxe calquera concello, por pequeno que sexa quere celebrar un bodia de entroido, sexa o domingo ou o martes. Loxicamente a afluencia de público e de participantes é moito menor no noso.

Onde a afluencia é maior é nos transportados en autobuses, que nin xiquera ven o entroid, os denominados do ”botellón”.59

 Estes por sorte ou desgraza están presentes en todas as festas  arraigadas, Historia, Boi, Comadres , arde Lucus etc.. Que hai que tomar medidas con eles, por suposto que, hoxe por hoxe, o entroido de Xinzo, no os precisa, pero no que estaremos tamén moitos de acordo e de que non hai quen teña a solución máxica a ese problema, e cando digo ninguén, digo ninguén que forme a comisión, nin uns nin os outros, nin os que veñan.

Capítulo aparte é o tan inxuriado entroido , non solo 2017, se non tamén 2016. Os problemas repítense, orzamentos e aquí quixera meter outra variante que é a idade dos participantes. Os que o facíamos nos 80 hoxe xa estamos preto da xubilación e os do 2000 xa están nos corenta con fillos pequenos co cal esas xeracións non viven o entroido da mesma maneira e claro as xeracións posteriores se os sacas do móbil, das redes  e do disfrace de pollito ou peluches , non queren saber nada mais. O que si teño claro e que a xente non se lle pode enganar, non podemos dicir GRAN DESFILE, e despois que pase o que pasou. Estes visitantes dubido que para o ano veñan. Pero como dixen antes, isto tampouco e culpa da comisión, en todo caso será culpa de todos, de definir cal é o entroido que queremos para Xinzo, si cantidade ou calidade….pero iso será para outro análise.

O meu entender, o entroido de Xinzo son “as lavandeiras, os do polbo cocido, as do moulin rouge, o Acacio co carretillo  o Pucho coa súa carroza e o Rato cos seus, auténticos actores que durante todo o día interpretan e se meten nun persoaxe, e moitos outros que cando faltan meses están pensando na parodia e do papel que queren facer e vivilo cada dia.

58O problema xeral, non solo da nosa terra se non do noso país, é que temos que buscar sempre os responsables para votarlle a culpa de todo o que pasa, sobre todo se saíu mal, aínda que a intención, a vontade e a adicación sexan totalmente positivas.

Agora toca reflexionar e achegar non solución, que penso que non as hai, se non ideas para minimizar o que saíu mal e potenciar o que se fixo ben.

Comentarios