AS FESTAS E AS COTAS

CARTEL FESTAS 2015
AS FESTAS E AS COTAS

CARTEL FESTAS 2015

Xa están as festas de Sta. Mariña a menos de dez días e na rúa fanse moitas preguntas.

A primeira ata fai pouco era si a comisión Express formada sería quen de facer unas boas festas en tempo récord. Parece que a esta pregunta a estas alturas, xa está case respostada. Xa saíu o cartel, xa saíu a primeira actuación e parece ser que as orquestras van a ser non solo boas, se non que unha delas sería a orquestra de moda que está a competir coas famosas Panorama e Paris de Noia.

A segunda pregunta que estaría dentro da primeira, sería a de que participación hai de músicos de Xinzo,. Aquí parece tamén que todos os grupos da vila e comarca Terán cabida no programa das mesmas.

COTAS DE 20 Euros.

Falta outra das preguntas claves, sempre que se fala das festas, e máis este ano que o Concello decidiu solo participar cunha cota, que ninguén opinou no sentido de que lle parecía pouca, nin moita.

O que toda a xente está a esperar e saber as cotas da hostalaría, a priori os máis interesados en que se fagan as festas e por suposto que sexan boas.

Aquí xa hai rumores que indican que algún dos establecementos da praza maior, non están moi pola labor de participar con cantidades directamente proporcionais o negocio deses días e que mais ben o fan en proporción inversa.

Xurden entón outras preguntas. ¿Qué pode facer a comisión si o acercarse a algún dos establecementos céntricos lle asoman un billete de 5 euros?. Nese momento xurde a dúbida de collelos , ou sacar do bolso e darlle unha propina o citado establecemento.

QUE FAN NOUTRAS VILAS?

Pois investigando parece ser que ós establecementos de hostalaría, segundo a súa ubicación lle poñen unha cota axeitada o sitio, pero esa cota ven por consenso e ninguén protesta.

Seremos capaces en Xinzo de chegar a un consenso como ese para vindeiras edicións ou deixaremos que fagan o negocio unhos cantos a conta de todos?. Recordar que os 10.000 € que pon o Concello, mais os gastos de persoal de brigada que pon a disposición da comisión, mais os outros traballos extras, por culpa das festas, van a conta de todos. Pero o beneficio directo e solo para un selecto grupo.

Tamén aquí hai que recordar que os veciños de Xinzo, nunha ampla maioría aproveitan o día de festa local, para unilo o sábado e coller uns días de vacacións ós que tamén teñen dereito pechando ós negocios.

O que todos esperan e esperamos é que o listado das achegas se faga público, non como ocorría ata agora . Todos temos dereito a saber…e despois decidir coa nosa actitude o que facemos eses días.

Sorte a comisión, porque o embolado no que se meteron non é pequeno e as críticas coma sempre serán abundantes, aínda que ninguén quixera meterse en semellante tinglado.