viernes 30/10/20

Festival das Artes Escénicas de Riós

Esta fin de semana vai ter lugar un interesante acontecemento audiovisual, non na nosa comarca, pero no veciño Verín (en...
cartel Riós

Esta fin de semana vai ter lugar un interesante acontecemento audiovisual, non na nosa comarca, pero no veciño Verín (en Riós, concretamente): o Festival das Artes Escéncias Abelardo Gabriel, dirixido polo actor e produtor Rubén Riós.

Xa é a sexta edición deste pequeno festival, que ano a ano se vai facendo máis grande grazas ao apoio e colaboración de artistas, creativos e sobre todo, ao seu promotor: Rubén Riós, que tenta, con este festival, manter activa a cultura na nosa zona e dinamizar un pouco o panorama audiovisual e veraniego da Galicia máis rural, o interior ourensán.

Este evento combina proxeccións audiovisuais con concertos musicais, actividades variadas e ata un partido de fútbol benéfico, polo que está dirixido a toda a familia. O ano pasado o festival contou coas actuacións de Cristina Pato, Toñito de Poi, Luis Tosar ou Luis Iglesia. Nesta vindeira edición o primeiro día do festival estára máis centrado no audiovisual para deixar o sábado máis espazo para os eventos lúdicos e festivos.  Para comezar, a primeira xornada contará con tres estrea: a do documental “A viaxe do Afiador” do ourensán Aitor Rei, a preestrea da nova webserie galega “Clases de lo Social” de Pablo Cacheda, e o documental “Caravana Vilamor: historia dunha promoción” dunha servidora, en representación da comarca da Limia.

Tamén se presentará o filme “Las Brujas de E´lente” do tamén ourensán Simón Vázquez, que comezará a súa rodaxe na provincia a vindeira semana. Do mesmo xeito presentarase o proxecto “A historia dun satélite, Rafael e a nai que o pariu” das irmáns Also sisters e tamén se proxectarán as curtametraxes gañadoras do Festival de Cans deste ano.

Por outra banda no panorama musical desta primeira xornada contaremos coas actuacións de Daniel Minimalia, Yomelo Montosolo e unha sesión DJ para rematar.

A segunda xornada do festival preséntasenos máis lúdica e festiva, comezando con actividades para os máis cativos, a presentación da “Ruta do Talento” e un partido de fútbol benéfico.  Proseguirá coa gala do festival e diversas actuacións musicais de Robert Ramírez, Malvela, Tony Lomba ea coral de Riós e un monólogo Pepo Suevos.  A gala do festival estará  presentada por Sonia López e entregaráselle a castaña de cristal a Rosa Cedrón.

Como vedes, vai ser unha fin de semana movidiña por Riós e hai actividades para todos os gustos, así que os que estedes na Limia e non teñades plan para este fin de semana non tedes excusa!

Festival das Artes Escénicas de Riós
Comentarios