Hai días...

Dende que cheguei a esta cidade cambiou en moitos asepctos a persepectiva da miña vida. Non no relacionado co traballo, co futuro e esas preocupacións que parece que son importantes e en realidade non valen para nada. O realmente importante é o que se está perdendo, o sentimento de pertenenza, de atoparse ben con un mesmo, realizado. Eso parece que xa non importa porque se cobras 8 pounds a hora e non tes porque compartir habitación xa tes todo solucionado, tes que ser feliz. ¿ E que máis me da a min ter que compartir o armario con alguén que me fai sentir a gusto aínda que cobre á hora a 6pounds e medio? Eu pensaba que a felicidade era eso, porque antes tíñao todo e só me faltaba eso, agora teño eso e faltáme aquelo que máis preciso ás veces, que é o fogar. E con fogar non me estou referindo a unha casa quente, porque eso tamén o teño aquí. O fogar son aquelas persoas que fan que te sintas na casa. A familia.

Dende que cheguei a esta cidade cambiou tamén ese sentimento de pertenza e cada vez entendo máis ese tópico tan tópico que se soe dicir en ton libertario “eu son cidadá do mundo”. Pois si, así me sinto eu, pero non porque non teña a miña patria, que esa non a perdo xamáis, nin o meu acento polo que me recoñecen alá onde vou, non, diso estou moi orgullosa; sen embargo hai tantas patrias por coñecer, patrias de xente maravillosa e xente maravillosa que coñecerá a miña, que sería un erro para calquera crer que pertence só a un sitio.

Un é so de onde se sinte ser, eu son galega, limiá, sobre tódalas cousas, un pouco viguesa, un pouco compostelá... Gustaríame que aqueles que se atreven a vivir na miña terra poidan entender tan ben coma min o máxico que ten, espero eu poder entender todos aqueles mundos que poida chegar a coñecer. Porque hai días que o mundo non se entende.

Isto vai por todos os que quedan por coñecer, e sobre todo por aqueles que xa non poderán coñecer máis.