viernes 29.05.2020

“Nunca chove a gusto de alguén”

 “Estalles ben que chova, agora van a ter que pórse de acordo co D. Jaime para facer o desfile o día de Ramos

Outra vez voto man dunha frase dun amigo que lle cambia o final, porque moi coñecedor do pobo limiao di que aquí sempre que pasa algo, alguén estará en contra por sistema.

xin26Pois o mesmo pasa nas rúas de Xinzo nestes días co tema do desfile do Entroido. Vaias por onde vaias os veciños comentan, di isto, di aquilo, van acabar co Entroido, pois eu penso que está ben o domingo.... e así sen pórse de acordo. Houbo alguén que se atreveu a dicir.. “estalles ben que chova, agora van a ter que pórse de acordo co D. Jaime para facer o desfile o día de Ramos, ata nesta frase se pode apreciar o inxenuo do que goza o noso Entroido.

Pois iso, neste momento os membros da comisión estarán levando ducias e ducias de ovos a Sta. Clara en Allariz, posto que si chove, que parece o máis probable supoño que este domingo non os veremos moito pola rúa.

COMENTARIOS PARA TODOS OS GUSTOS

Efectivamente as redes sociais estes días están que arden, posto que é unha das maneiras de desafogarse ante o que cada un considera que o mellor,  e a mellor é a súa idea e a súa opinión, pero non solo nas redes, se non nos “corrillos” de rúa e de taberna, que en Xinzo abondan. Aí tamén o “monotema” é o Entroido. Que si os “maquinillos”, que si as “pandereteiras”, que si as pantallas atropelan a xente, que si o botellón, que si o ano que ven no oleiro vou ir de..., e sobre estes e outros moitos temas que realmente están dentro do Entroido, critican, pero case ninguén da unha solución, que seguramente non existe, e aínda máis, ninguén di.. pois o próximo ano, eu vou meterme na comisión veciñal para achegar ideas novas.