"Por sus obras los conoceréis"

"Por sus obras los conoceréis"

LUIS VELOSO

Esto lle decía Xesús aos seus discípulos, para que souberan distinguir entre o falsos e os bos apóstolos. Quixera traer a estas liñas a mesma frase, posto que o noso alcalde, tamén quere pasar á historia política do seu mandato polas súas obras. Desde meses antes de presentarse a estas eleccións, que recordemos niguén apostaba por el, gañou por maioría absoluta, pois decía comezou a facer obras entre elas as beirarrúas, que dende logo falta facía.

Nestes días quere tamén deixar constancia das súas obras coas beirarrúas da arteira principal da vila que en menos dun mes, vai parecer outra. Con esta xa son moitas as obras menores de beirarrúas e adecentamento de outras máis, aínda que no ánimo de deixar todo ben feito atreveuse ata a enlousar algún que outro lugar da vila, para uso e disfrute dos seus propietarios (particulares). Pero ademais destas obras, atrévome a predecir que este alcalde, que dí tamén que el marchará, ademáis de polos votos, cando o presidente (da Xunta) queira, recordarémolo por outras “obras” que estes días están levándose a cabo.

Eu comecei falando noutro Xornal daquel “candidato a alcalde”, como un bó xogador de póker, pero creo desta vez o xogo mudou, e desta sería o xogo da “ruleta rusa”. Só desta maneira pode un explicarse a estas alturas da película os movementos dos que aínda quedan moitas explicacións que a oposición vai pedir.

Soamente alguén acostumado a xogar atrévese a precintarlle o ordenador ó seu secretario.Según os medios de comunicación, non se sabe de outro en toda Galicia, para días despois atoparse coa “dimisión” do propio secretario e da súa “colaboradora”. Esto só pode facelo alguén “cun par”.

Sr. Alcalde, non lle arrendo as ganancias, pero dende logo sácome o sombreiro ante alguén que cando se atópa nunha situación difícil, bótalle o que hai que botarlle.

¡Que pena! Que cando consegiu despois doutras partidas ser candidato a alcalde polo Partido Popular, non actuara da mesma maneira noutros temas nos que se arredou ante certos sindicatos, facendo o que non quería e pretendía, posiblemente "daqueles polvos, estes lodos"… Ahora só queda que aos membros da oposición lles valgan respostas coma a da solicitude de licencia por parte de Mercadona… Así calquera goberna…..