O PAZO DO TELLEIRO, UNHA OLLADA AO PASADO Parte II

Pazo do Telleiro (Fonte)
O PAZO DO TELLEIRO, UNHA OLLADA AO PASADO Parte II

As últimas folliñas da hedra chegan a rozar o blasón do pazo. Este blasón que adorna a fachada principal pertence ao século XVIII.

Na parte superior, atopamos unha coroa de marqués. O centro do escudo divídese en seis. Á nosa esquerda e de arriba abaixo podemos ver ás armas da Inquisición, dos Suárez de Deza e dos Salgado. Á dereita e tamén de arriba a abaixo vemos as armas dos Ibáñez Mondragón, dos Romay e dos Falcón. As armas da Inquisición aparecen no escudo porque un antepasado da familia Avalle fora ex fr. do Santo Oficio. Entre as armas dos Salgado e dos Falcón, na parte inferior do escudo, podemos ver tres flores de Lis de Avalle que tamén correponden á familia Cea. O escudo está bordeado con motivos vexetais e enmarcado con volutas propias do estilo barroco. Noutros lugares do pazo atopábanse blasóns antigos pertencentes a outras familias pero que xa non se conservan.

Pazo do Telleiro (Escaleira traseira)Pazo do Telleiro( Escaleira traseira)

No lateral dereito, non obstante, aínda podemos ver un pequeno escudo co helmo e as armas da familia Pereira

Xa en mans dos Cea y Naharro, o pazo do Telleiro converteuse nunha residencia de recreo para a familia que pasaba o ano fóra e o verán nos diferentes pazos que posuían en Galiza. Eduardo de Cea y Naharro, de orixe pontevedrés, foi un político galego membro do Partido Consevador e o último dono do pazo da súa liñaxe. Durante o ano, o señor de Cea y Naharro vivía en Madrid e mentras el estaba ausente, encargábase do mantemento da facenda unha administradora. Elvira Grande e Antonio Blanco foron durante moitos anos os administradores do pazo. Contando coa axuda de dúas criadas e dous criados, encargábanse de cobrar as rendas, manter as terras e coidar a casa. Este matrimonio eran os bisavós das actuáis propietarias.

Contan no pobo, que Eduardo de Cea y Naharro era amigo do monárquico portugués Henrique Mitchell de Paiva Couceiro. Este militar, administrador e colonial portugués tivo que exiliarse en España durante a I República Portuguesa e o señor de Cea y Naharro agochouno no Telleiro. Paiva Couceiro era un home extremadamente relixioso, quizais por herdanza da súa nai irlandesa, e como agradecemento polo trato recibido agasaiou cunha medalla de ouro a Elvira Grande, administradora por aquel entón do pazo.Porta Pazo do Telleiro

Os descendentes inmediatos desta primeira administradora seguiron co labor adminstrativo e cando o señor do pazo decidiu vender a propiedade, tivo que deixarlles terras como pago por non permitirlles continuar o labor de administración. A finais do século XIX, o pazo e algunhas terras foron expropiadas para a desecación da lagoa e para empregalas como campos de cultivo. Durante esta época, o pazo empregouse como almacén de colleitas. Non está moi claro que pasou a continuación pero si sabe que a principios do século XX a metade do pazo pasa ás mans dos señores Cabrera. Don Delfín Cabrera, marido de Erundina Gómez, filla dos ata aquel entón administradores do pazo e neta de Elvira Grande, foi chamado á loitar na guerra civil. Cabe destacar que a súa muller non era o único que unía ao señor Cabrera coa historia do pazo. A súa nai era filla ilexítima dun dos señores do pazo. Dise que o señor recoñeceu á nena pero a nai non quixo recibir ningunha compensación económica xa que vivían unha situación desafogada. A cuestión é que, por medo a falecer neste terrible enfrontamento entre irmáns e deixarlle as débedas á súa muller, o señor Cabrera decidiu mercar só a metade do pazo. Deste xeito podería pagalo sen endebedarse. A outra metade foi mercada por outro veciño que máis tarde emigraría a Arxentina, deixando o pazo a uns familiares. Despois da compra, o señor Cabrera deixou á súa muller e a súa filla recén nada no pazo ao ser chamado á filas. O drama da guerra separouno da súa familia durante dous anos. Os muros do pazo foron testigos do regreso e de como el atopaba a unha meniña xogando no patio que non recoñeceu. Esa neniña que seu pai non recoñeceu ao voltar da guerra é agora unha das copropietarias do pazo.