Ó presidente fállalle a intendencia

Ó presidente fállalle a intendencia

LUIS VELOSO

                Hai un dito moi vello que di: “Para saber, ou viaxar ou ler”

Deus me libre de pretender insinuar que o Sr. Feijóo, non le suficiente, polo que para que o refrán sexa certo, tería que pensar que está pouco viaxado, cuestión que só vendo os informativos de fin de semana da galega, sabemos que non é verdade.

Entón diredes, a que vén isto? Pois a que o que aconteceu o domingo pasado na praza do Obradoiro, non ten explicación.

Segundo contan os asistentes á festa dos entroidos de Galicia, que organizou a Consellería de Cultura e Turgalicia, para presentar como dixen todos os entroidos da nosa terra, as Pantallas albiscaron ó Sr. Feijoó nunha das carpas.

Como era mester pois o Presidente estaba sen disfrazar, as Pantallas, representantes do Entroido de Xinzo, foron a por el, para despois de collelo levalo ata o hostal do Reis Católicos, para que invitara ás Pantallas, á pertinente botella de viño.

O velas chegar (ás Pantallas) o Presidente, segundo os presentes, advertiulles as máscaras de que estaba alí a Garda Civil e que se ían meter nun problema. Loxicamente e tratándose do Entroido, as que mandan no orden son as Pantallas. Cando se poñen á faena de collelo polas pernas para erguelo inquiriu a presenza dos seus gardacostas, que só se dedicaban a tapalo cun paraugas.  Xa con el na situación que amosan as instantáneas, o Presidente inquiriu  ás Pantallas dicindo:

 ¿ Que, sodes de Verín?.

Si, si o que oídes...

Sr. Presidente, ¿que estiveron a facer os días anteriores no seu departamento de documentación?

Se se trataba dunha festa organizada por vostedes, ninguén sabe dicirlle como é a vestimenta de cada un dos entroidos?

¿Ninguén lle soubo dicir cal é o da Pantalla, e como actúan?

O que non entendemos e que os confunda co Cigarrón, posto que todos sabemos que o único Entroido que non se perde ano tras ano e o “xoves de comadres”.

Sr. Presidente, o que dixen, ou viaxar ou ler. Polo que xa sabe, a vir máis por Xinzo no seu Entroido, que por algo din, e non sen razón que é o mellor do mundo, ¡e vostede sen coñecelo!

Ah! Alguén comentou de que cando o foron coller, pensou que eran os das preferentes.

Sr. Presidente con todos os respectos, os afectados polas preferentes non precisan ir coa cara tapada, iso é o que teñen que facer os responsables da súa venda, pero claro eses non saen ás rúas, nin en Entroido.

Boas festas Sr. Feijóo.