miércoles 08.04.2020

Terremotos

Hai anos, asistín a un congreso de enxeñaría en Lleida. Na cea final de peche do mesmo, coincidín na mesa con dous profesores xaponeses (catedráticos ambos os dous na potentes-seismos-Japon-muertos-heridos_EDIIMA20160416_0130_21universidade de Kyoto) e cun enxeñeiro alemán. Lembro que falamos de diversos temas ao longo da cea e tamén despois na sobremesa posterior, mais o que nos ocupou case toda a conversa foi o terremoto que por aquelas datas (creo que era polo 2001) tivera lugar no Xapón. Entre esas cousas que gardo na memoria daquela parolada, está a naturalidade coa que os dous xaponeses falaban da maneira de tremer a terra no seu país. O meu colega alemán e mais eu escoitabámolos ás veces con cara de abraio. Eles tirábanlle importancia ao asunto (co debido respecto a semellante forza destrutora da natureza) salientando que vivían nun país afeito a convivir con estes fenómenos.

Confeso que tendo escoitado a aqueles dous homes todo o que contaron, a min non me gustaría verme en tales circunstancias. Por sorte, a nosa terra galega non é unha zona proclive a estes desastres tan frecuentes noutras partes do mundo. Porén, iso non quere dicir que ás veces non sintamos tremer a terra por estes nosos eidos. Tal cousa aconteceu, e polo que conta a prensa con bastante efecto, alá polo ano 1910. No xornal El correo de Galicia, do 29 de abril dese ano, relatan unha noticia que titulan “Temblores de tierra” e na que din que non só foi en Vigo onde neses días se sentiron intensas sacudidas terrestres senón que tamén en Tui se notaron ás catro e vinte da madrugada do luns, caendo os obxectos colocados nos estantes ou as cousas penduradas das paredes. O resto da noticia fai mención á nosa vila de Xinzo e  transcríboa aquí textualmente:

“En Ginzo de Limia, de la provincia de Orense, se notó análoga sacudida en la madrugada del lunes, repitiéndose por dos veces el martes a la misma hora.

El aspecto que con tal motivo ofrecía la carretera general en la noche del martes y en la madrugada del miércoles era triste, pues el pánico cundió en forma tal, que varias familias habían improvisado al aire libre tiendas de campaña en plazas y plazuelas, mientras otras abandonaban sus viviendas buscando el lugar de menor peligro.”

A continuación, a noticia prosegue falando do acontecido en Verín e Celanova:

“En Verín se repitieron las sacudidas, causando general alarma en aquella comarca. La gente salió despavorida y llena de terror a las calles, produciéndose la natural consternación, pues los temblores de tierra, venían precedidos de intensos ruidos subterráneos.

El movimiento sísmico se ha dejado sentir con idéntica violencia en Celanova y en otros pueblos de la provincia orensana, causando en todos inmenso pánico.”

En fin, que a cousa non debeu ser de broma, non como as noticias dalgúns xornais do 28 de decembro, día das inocentadas. Por certo, do mesmo xeito que os dous xaponeses levaban tan ben o dos terremotos, teño un amigo que naceu ese día e leva moi ben todas as brincadeiras que lle fan a conta do asunto. Moi inocente non sei se será, mais si podo asegurar que é unha das melloras persoas que coñezo.

Rafael Laso Lorenzo.