martes 4/8/20

Apertura estival do centro de interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova

De cara a chegada de visitantes de verán abre as súas portas os meses de xullo, agosto e setembro o...
Aquis Querquennis.Galiciaenfotos.com
Aquis Querquennis.Galiciaenfotos.com

De cara a chegada de visitantes de verán abre as súas portas os meses de xullo, agosto e setembro o o Centro de Interpretación Aquae Querquennae

 De cara a chegada masiva de visitantes na época estival o Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova sito en Porto Quintela (Bande) abre as súas portas os meses de xullo, agosto e setembro. Os visitantes poden acceder ao centro en horario de 11:00h. a 13:00h. e de 16:00h. a 19:00h, de mércores a domingo os meses de xullo e setembro e de martes a domingo o mes de agosto.

A planta superior do centro alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos,que habitaban as terras do entorno, entre O Vieiro e o val do Salas, de norte a Sur, e A Limia e serras de Santa Eufemia e Xurés, de este a oeste. A planta baixa fai un percorrido pola Vía Nova, dende Braga a Astorga.

Comentarios