sábado 31/10/20

Os asistentes á Festa do Peixe escollerán ao gañador do “Bande en Imaxes”

As fotografías participantes poderán entregarse na biblioteca municipal antes do 6 de xuño REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza un...
Concurso fotos2014

As fotografías participantes poderán entregarse na biblioteca municipal antes do 6 de xuño

REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia

A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza un ano máis o Concurso Fotográfico: Bande en Imaxes. Con esta iniciativa pretenden “deixar retratadas as diferentes paisaxes, rúas e costumes do municipio”.

Os participantes, que optarán a un 1º premio de 100€ e a un 2º premio de 50€, teñen ata o vindeiro 6 de xuño para presentar as súas propostas na biblioteca municipal, tendo ademais que abonar un euro en concepto de inscrición. Cada autor poderán presentar un máximo de tres fotos que non fosen premiadas noutros concursos. Os traballos serán expostos durante a Festa do Peixe, os días 14 e 15 de xuño e serán os asistentes os que decidan os gañadores que se farán públicos o mesmo día 15.

Comentarios