Os autores do Proxecto Sectorial Areeiras da Limia aceptan as alegacións de Sandiás e Vilar de Santos

Imaxe da Lagoa de Antela décadas atrás.
Os autores do Proxecto Sectorial Areeiras da Limia aceptan as alegacións de Sandiás e Vilar de Santos

Onte reuníronse todas as partes en Santiago de Compostela.

Na mañá de onte, ás 12 horas da mañá, representantes do municipio limián de Sandiás mantiveron unha reunión en Compostela co Director Xeral de Minas e con responsables da Consellería de Medio Ambiente encargados da elaboración da avaliación ambiental estratéxica no Proxecto Sectorial das Areeiras da Limia.

Na reunión estiveron presentes os rexedores de Sandiás e de Vilar de Santos, así como os correspondentes secretarios dos dous concellos. Tamén estivo presente o técnico de Sandiás, o tenente de alcalde e representantes da Consellería de Industria da Xunta de Galicia. Segundo conta o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, "os representantes de de Medio Ambiente dixeron que para a elaboración do seu informe despois das alegacións, tiñan que esperar polos documentos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil". Estímase que reciban eses documentos durante a primeira quincena do presente mes de decembro. Unha vez dispoñan de todos os informes, elaborarán o informe de impacto ambiental estratéxico, que dea paso á continuación na tramitación do proxecto.

Por parte dos técnicos que elaboraron o proxecto inicial e da industria areeira, tamén presentes na xuntanza, comprometéronse a "acatar e plasmar no proxecto todas e cada unha das alegacións formuladas polo concello de Sandiás -das que xa deu conta este xornal- e polo de Vilar de Santos". Afirimaron tam´ne, logo do achegamento de posicións e da coincidencia entre as aprtes, que a resolución das demáis alegacións estará lista na segunda quincena de xaneiro, cando se continuará coa tramitación do proxecto.