martes 15/6/21

Os beneficios da auga salgada ao pé da casa en Vilar de Santos

As piscinas municipais pioneiras no sistema de cloración a base de sal inician tempada   A tempada de verán iniciouse no concello de...

As piscinas municipais pioneiras no sistema de cloración a base de sal inician tempada 

 A tempada de verán iniciouse no concello de Vilar de Santos coa apertura das piscinas municipais, despois de realizar melloras de mantemento e xardinería con respecto ao ano pasado. Estas instalacións foron pioneiras na provincia grazas ao uso da cloración mediante electrólise salina, un sistema que xera cloro a partir de nada máis que sal común. Desta maneira, os veciños vilasanteses e todos os visitantes que queiran achegarse, poden gozar dos beneficios do baño en auga similar a do mar, pero cunha concentración salina inferior, o que aporta aínda máis vantaxes.

Este procedemento de limpeza da auga empregado no municipio desde 2010, conxuga aforros de ata o 80% no mantemento, con sostenibilidade e ecoloxismo. Para o seu funcionamento non emprega nada máis que sal, evitando o almacenamento e manipulación de produtos químicos, e reducindo tamén o consumo de auga.

Este verán, o concello pon a disposición dos usuarios non soamente a piscina, senón moitos outros servizos coma a biblioteca, o telecentro, a Zona WIFI gratuíta, a zona infantil de xogos ou a pista polideportiva.

 [image="http://www.dendealimia.com/web/wp-content/uploads/2013/06/5092a1b22afb9-xosel.carreirafoto.jpeg"] Xose Lois Carreira a

Comentarios