miércoles 19.02.2020
Emprego

O CDR O Viso axúdache a conseguir emprego

O CDR O Viso vén de lanzar, dende o seu Programa Ruralempréga-T de orientación e mediación laboral a persoas en risco de exclusión social, unha nova edición do proxecto "Reinvéntate: animación sociolaboral en equipo"

Cartaz promocional do programa "Reinvéntate".
Cartaz promocional do programa "Reinvéntate".

O CDR O Viso vén de lanzar, dende o seu Programa Ruralempréga-T de orientación e mediación laboral a persoas en risco de exclusión social, unha nova edición do proxecto "Reinvéntate: animación sociolaboral en equipo", que dará coa sesión inicial informativa do martes 17 de xaneiro –a partires das 9:30 horas- na Aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo de Limia e que, de contar con boa acollida entre as persoas participantes, seguirán durante o primeiro semestre do ano con encontros o primeiro martes e mércores de cada mes en horario de 9:30 a 13:00 horas

O programa está subvencionado dende a Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e está indicado para todas aquelas persoas que queiran mellorar a súa maneira de buscar emprego e non saiban como facelo. 

Os participantes recibirán asesoramento e axuda para elaborar un plan individualizado formativo ou de busca de emprego. Tamén recibirán acompañamento durante o proceso, así como mediación coas ofertas laborais existentes.

Para participar é preciso solicitar inscrición previa contactando telefónicamente co 988461571, enviando un email ao [email protected] ou acudindo directamente ás dependencias do CDR "O Viso"  na Praza Maior, 1 – 1º A-C.

Comentarios