jueves 29/10/20

A Festa do Peixe de Bande contará por primeira vez cunha ruta BTT

A marcha terá lugar o próximo 15 de xuño e saíra desde a Praza Maior REDACCIÓN [email protected] A “Festa do Peixe” de Bande,...
Festa Peixe

A marcha terá lugar o próximo 15 de xuño e saíra desde a Praza Maior

REDACCIÓN

[email protected]

A “Festa do Peixe” de Bande, recentemente nomeada Festa de Interese Turístico de Galicia, contará este ano, na que xa é a súa XLII edición, cunha ruta en bicicleta que se celebrará o vindeiro 15 de xuño.

A marcha, non competitiva, sairá contra as nove da mañá desde a Praza Maior de Bande e terá dúas modalidades, unha ruta longa de 44 quilómetros e unha curta de 30. As inscricións realizaranse a partir da páxina web http://www.bandebtt.com/. O importe da inscrición poderá ser de 9 ou 12 euros dependendo se o participante desexa un vale por valor de 5 € a consumir nos postos gastronómicos da festa. O que si inclúen ambos prezos serán os avituallamentos, un obsequio ás 150 primeiras inscricións completadas, seguros de RC e Accidentes, servizo de ambulancia, e servizo de recollida durante a ruta en caso de accidente.

Comentarios