A fiscalía pide seis meses de prisión para un veciño de Rairiz de Veiga que golpeou a un can cunha machada

Praza de Congostro, lugar onde sucederon os feitos. PANORAMIO.COM
A fiscalía pide seis meses de prisión para un veciño de Rairiz de Veiga que golpeou a un can cunha machada
O home alegou ante o xuíz que o animal era agresivo e que actuou en lexítima defensa  REDACCIÓN redac@dendealimia.com O pasado martes, un...

O home alegou ante o xuíz que o animal era agresivo e que actuou en lexítima defensa

 REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O pasado martes, un veciño de Rairiz de Veiga declaraba ante o xuíz, acusado de ter golpeado cunha machada ao can doutra veciña cando este se atopaba preso por unha cadea. O mozo lonxe de negar os feitos, recoñeceu que así sucederan, pero precisou que se o fixo foi “en lexítima defensa” pois o animal “era agresivo” e atacárao un rato antes. Porén, a Fiscalía de Ourense asegura que cometeu un delito de maltrato animal e pide para el seis meses de prisión, así coma o pago de 250 euros polos gastos veterinarios.

Pola súa banda, o avogado do acusado, que asegura que este golpeou ao animal ca parte non cortante da ferramenta, pide a libre absolución do seu cliente quen reitera actuou “en defensa propia”. Estes feitos que se remontan a 2010 sucederon na praza da localidade de Congostro e foron presenciados por varias testemuñas que onte non lograban poñerse de acordo sobre algún detalle importante do acontecido, como por exemplo, coma era de extensa a cadea que pexaba ao animal.