sábado 31/10/20

Lobios traballa nas festas municipais do 12 de agosto

A alcaldesa convocou unha reunión previa con empresarios do Concello REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Todo porque non se repita a situación do verán pasado....
cartellobios2012

A alcaldesa convocou unha reunión previa con empresarios do Concello

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Todo porque non se repita a situación do verán pasado. As festas municipais de Lobios non se celebran desde 2012 pois segundo declarou a alcaldesa Mari Carmen Yáñez “o ano pasado non houbo quen quixera encargarse da súa organización”. Con ánimo de que isto non volva pasar, a rexedora convocou unha reunión “para animar aos veciños e empresarios a crear unha comisión que se encargue das festas”.

A reunión celebrouse no multiusos de Lobios e a ela acudiron varios hostaleiros e comerciantes do Concello e segundo Yáñez “quedaron en falar e mirar”. O certo é que segundo a rexedora popular o consistorio “nin pode, nin debe encargarse da organización en exclusiva das festas”, aínda que asegurou que as apoiará economicamente.

Comentarios