lunes 23/11/20

Máis de 100.000 euros para renovar as infraestruturas de Vilar de Santos

Os camiños municipais, o Parque Empresarial de Santa Marta, a Área de Rehabilitación Integral e a zona da Rede Natura...
Unha das pistas de Vilar de Santos a reparar
Unha das pistas de Vilar de Santos a reparar

Os camiños municipais, o Parque Empresarial de Santa Marta, a Área de Rehabilitación Integral e a zona da Rede Natura serán os puntos a mellorar

REDACCIÓN [email protected]

Un total de 100.368 euros é o orzamento co que conta o Concello de Vilar de Santos, para acometer unha serie de obras incluídas no Programa de Infraestruturas que se centra en diversas actuacións de renovación e mellora viaria.

Os traballos comezarán polo Proxecto de mellora de camiños, que se financia co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Esta iniciativa contempla a actuación nun total de 10 quilómetros da rede municipal de pistas agrícolas da concentración parcelaria. Limparanse as cunetas para evitar os desbordamentos, e a posteriormente acometerase a nivelación e acondicionamento das vías con zahorra.

Tamén no Parque Empresarial de Santa Marta, e con financiamento da Consellería de Economía e o Concello cun importe total de 18.100 euros, mellorarase a pavimentación dos accesos e o pintado dos viais. A Área de Rehabilitación Integral do núcleo de Vilar e a zona de Rede Natura tamén recibirán mimos. Para as obras de urbanización destinaranse 41.300 euros do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos 2013 da Deputación, e para as pistas e camiños 6.591, que se investirán coa axuda da Consellería de Medio Ambiente, na optimización da paisaxe agraria coa restauración do accesos ás fincas incluídas nesta zona.

Comentarios