viernes 30/10/20

Máis de corenta aniños de peixe

Bande volverá a honrar entre os vindeiros 13 e 15 de xuño a esta xoia do Limia REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia O peixe común...
Cartel1

Bande volverá a honrar entre os vindeiros 13 e 15 de xuño a esta xoia do Limia

REDACCIÓN [email protected]

Twitter: @Dendealimia

O peixe común de río volver a ser o protagonista en Bande por cuadraxésimo segundo ano consecutivo. Será entre os vindeiros 13 e 15 de xuño e entre as novidades deste ano esta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cunha ruta de BTT que sucará o Concello.

As actividades da Festa do Peixe de Bande darán comezo o venres, e durante a xornada do sábado terá lugar o tradicional campionato de pesca no río Limia. As capturas serán as que encherán ao día seguinte os pratos do manxar que da nome a esta celebración. A feira de artesanía e antigüidades ateigará a rúa de San Roque e o deporte tamén terá o seu sitio na festa coa exhibición de patinaxe e hockey a patíns no polideportivo. E despois peixe, moito peixe acompañado de empanada e pan artesán para despedir a festa o domingo con bo sabor de boca.

Comentarios