martes 07.04.2020
Sociedade

100 € ao mes durante un ano para os nacidos no 2017

O obxectivo é fomentar a natalidade nunha Galicia que non deixa de perder poboación.

Os nenos que nazan neste 2017 cobrarán da Xunta

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de convocar unha axuda económica a través da "tarxeta benvida" para familias con fillos nacidos durante o presente ano 2017.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia no seu número 249 e a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar do Concello de Xinzo de Limia. A contía total da axuda será de 1.200 € –a razón de 100 € ao mes– durante o primeiro ano de vida da criatura. Este diñeiro poderá ser usado en farmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura.

O prazo de solicitude da axuda esténdese ata os dous primeiros meses de vida do fillo. Aquelas persoas interesadas poderán solicitar máis información do Departamento de Servizos Sociais do municipio.

Comentarios