martes 20/10/20

Ningún devoto quixo perderse o día de S.Benito da Ouceira

O tempo axudou a vistosidade e participación na  procesión

                                        

Como todos os luns , unha vez rematada a semana Santa a cita está  no monte en que se atopa a capela de San Benito da Ouceira, no concello de Sandías.

O tempo axudou a que todos os devotos do santo, moitos  non so desta comarca, dende primeiras horas da mañá foran chegando ata a capela.

As doce e media arrancou  a procesión polo recinto e unha vez rematada comezou a misa concelebrada por curas de toda a bisbarra.

Moitas foron as compras de imaxes de cera, que logo se ofrecen ó santo para que interceda polas peticións dos seus fieis.

Unha vez rematada a misa, xa as improvisadas mesas e os postos de pulpeiros esperaban os que aproveitaron este último dia de vacacións para degustar un bo polbo ou un bo churrasco.

Comentarios