lunes 21/9/20

Outros tres casos máis de niños de velutinas

Outros tres casos máis de niños de velutinas

Esta semana comezou con tres casos máis de niños de vespas asiáticas, tamén chamadas vespas velutinas. A semana pasada apareceron arredor de sete niños en toda a comarca que protección civil tivo que atender. 

velutinas 2 (2)

Esta vez protección civil tivo que desprazarse ata Baltar e Laroá para continuar coas labores de retirar os niños para que non resulte perigoso para os veciños. Pero tamén tiveron que desprazarse por segunda vez a unha nave de Guillamil onde xa con anterioridade aparecera outro niño. Xunto a protección civil desprazáronse os bombeiros para apoialos no traballo e que resultara máis sinxelo e menos perigoso.

Como xa sabemos a vespa asiática ten incidencia directa sobre a fauna local, a polinización e os produtos agrícolas. Son moitas as froitas que son roídas, mordidas e comidas (uvas, peras, mazás, figos ou kiwis), particularmente en froiteiras próximos aos niños. Na apicultura constatouse que houbo unha redución do censo de apicultores de ata o 26%; descensos da poboación de abellas ou incluso a morte da totalidade das colonias nalgúns colmenares; falla de pole e mel no outono ou importantes déficits nas reservas de alimentos, problemas que repercuten seriamente na economía deste sector velutinas 2 (4)