martes 4/8/20

Roubos en Vilar de Santos, Baltar e Calvos

Un camión de cobre e os cables do tendido telefónico foron os respectivos botíns que levaron os cacos nestes municipios limiaos

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Os ladróns desvalixaron por completo un camión no lugar de Laioso (Vilar de Santos) a finais da semana pasada. Levaron máis de 1.040 metro de cable de cobre, unha mangueira de 50 metros dun compresor, dúas baterías e 200 litros de gasóleo. Un botín que o dono do vehículo, Cesáreo G.F., valorou en máis de 6.000 euros.

Mentres, na madrugada do venres, cortaban o tendido telefónico que da servizo ás aldeas de A Boullosa (Baltar) e Santiago de Rubias (Calvos de Randín,) para roubar ata 420 metros de cable. O roubo que deixou sen liña aos veciños, foi denunciado por un representante da empresa Montelnor e valorado en 6.700 euros.

Comentarios