lunes 28/9/20
A agrupación de concellos seleccionará a un dos candidatos a través do procedemento de concurso de méritos

Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Baños de Molgas e Vilar de Santos buscan un Orientador Laboral

A convocatoria ofrece un posto de Técnico de Orientación Laboral en réxime de contrato temporal, a xornada completa, para a Agrupación de Concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Baños de Molgas e Vilar de Santos.

Casa do Concello de Vilar de Barrio. | FOTO: Arquivo.
Casa do Concello de Vilar de Barrio. | FOTO: Arquivo.

Agrupación de Concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Baños de Molgas e Vilar de Santos vén de anunciar a convocatoria dun posto de Técnico/a de Orientación Laboral que será seleccionado por concurso de méritos.

A duración do contrato será de 12 meses dende o prazo da súa formalización con data límite de inicio o 1 de setembro e poderá ampliarse pero, en ningún caso, superar os 3 anos.

A persoa seleccionada deberá desprazarse un día a semana a cada un dos municipios que integran a agrupación, onde contará cun despacho axeitado para a atención individualizada ás persoas demandantes do servizo. Nesta mesma liña, o permiso de conducir B será requisito obrigatorio.

A modalidade de contratación será contrato laboral temporal "contrato para obra ou servizo determinado", previsto no artigo 15.1 a) Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro. Ademáis, ó estar supeditado ó financiamento por parte da Xunta de Galicia, o contrato declararase extinguido no suposto de que o Concello de Vilar de Barrio deixe de prestar este servizo. 

O concello barriés é a entidade promotora; a sede do Servizo de Orientación Laboral da agrupación de municipios establécese no nº 10 da Praza do Toural da localidade.

Os aspirantes estarán preseleccionados pola Oficina Pública de Emprego de Xinzo de Limia que remitirá os candidatos inscritos -e que conten coa titulación requerida- a data e hora das entrevistas.

Pódese atopar máis información -os requisitos, o modelo de selección ou o tribunal cualificador entre outros- sobre esta oferta nas bases da convocatoria presentadas polo Concello de Vilar de Barrio, na súa conta de Facebook: 

Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Baños de Molgas e Vilar de Santos buscan...
Comentarios