miércoles 5/8/20

1.500 Kg de alimentos recadados xa no torneo de fútbol sala

Hoxe as 16:00 única oportunidade de ver o alcalde vestido de corto

Público a primeira hora da mañá e máis alimentos
Público a primeira hora da mañá e máis alimentos

As 10 da mañá como estaba previsto comezou o torneo  SOLIDARIO de fútbol sala organizado por NN.XX de Xinzo. Ata mediodía os equipos participantes eran os de ata 15 anos.

Esta primeira fase rematará o mediodía coa entrega de trofeos.

FASE +16 ANOS

As  catro da tarde volverá a cancha po pavillón de deportes a encherse de xogadores e visitantes, sobre todo para poder ver en vivo e en directo o alcalde e membros da corporación vestidos de curto.

16 son ós equipos participantes que despois de xogar unha pequena liga, mañá  disputarán as eliminatorias, para rematar as 21:00 coa entrega de trofeos.

AS FÉMINAS XOGARAN MAÑÁ POLA MAÑÁ

8  son os equipos femininos que se desprazarán dende toda a provincia, e ata de Portugal, para tomar parte do II torneo solidario de Xinzo.

Comentarios