250 ximnastas daranse cita no I Festival de inverno de Ximnasia

cartel 1º festival ximnasia de inverno
250 ximnastas daranse cita no I Festival de inverno de Ximnasia

O vindeiro día 7 de decembro, a partires das 11 horas, e ata as 13:30 h

O vindeiro día 7 de decembro, a partires das 11 horas, e ata as 13:30 h. aproximadamente, no pavillón de deportes de Xinzo de Limia terá lugar o I Festival de inverno de Ximnasia, que por primeira vez organiza o CLUB ESCOLAS MUNICIPAIS XINZO DE LIMIA.

No evento, daranse cita arredor de 250 ximnastas de toda a xeografía ourensá, con representación de varios clubs e escolas de rítmica (CLUB XIMNASIA PAVILLÓN, CLUB ESCOLA PAVILLÓN, ESCOLA MUNICIPAL DE CELANOVA, ESCOLA MUNICIPAL DE BARBADAS E XIMNASIA VERÍN), ademais dos ximnastas do Club escolas deportivas concello Xinzo de Limia, organizador do evento.

O festival ten carácter de exhibición, tanto de ximnasia estética de grupo,ximnasia xeral, rítmica. Ademais día clubs deportivos daranse cita a escola danzón e a ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS, que será a encargada de facer a apertura do evento. Perséguense coa celebración deste Festival os seguintes obxectivos:

• Fomentar as boas relacións entre os clubs e escolas de ximnasia de Ourense.

•Fomentar o coñecemento destas estas modalidades deportivas a través da exhibición das mesmas

•Contribuír a facer da practica do deporte unha actividade lúdica

O Club escolas deportivas Xinzo de Limia realizará exercicios de exhibición con case tódolos grupos tanto de ximnasia rítmica, ximnasia estética e incluso os mais pequeniños do club participarán mostrando o resultado de tan só 3 meses de traballo. Serán polo tanto un total de 100 ximnastas da escola os que se darán cita, como anfitrións deste evento.

Traballamos con moita ilusión para que esta primeira edición sexa do agrado de tódolos espectadores e sobre todo dos participantes.