A Asociación Baloncesto Xinzo presenta equipos e nova directiva no Pavillón

baloncesto
A Asociación Baloncesto Xinzo presenta equipos e nova directiva no Pavillón

Esta presentación servirá, ademáis, para convidar a participar no reto solidario "100 por 100 co MEF2C"

A Asociación Baloncesto Xinzo convita a todos os veciños, visitantes e interesados, ao acto de presentación de todas as categorías que forman o clube, da renovada directiva e dos patrocinadores que forman o clube de baloncesto na tempada 2017-2018.

O acto de presentación terá lugar o vindeiro 22 de decembro, a partir das 19:00 hroas da tarde, no Pavillón Municipal.

O acto de presentación terá lugar o vindeiro 22 de decembro, a partir das 19:00 hroas da tarde, no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia. No evento presentaranse as categorías inferiores e a nova directiva da asociación e das escolas deportivas nos centros escolares cos que mantén un convenio de colaboración nesta presente tempada.

Esta presentación servirá, ademáis, para convidar a participar no reto solidario "100 por 100 co MEF2C", posto en marcha pola asociación Síndrome MEF2C coa colaboración de Salva Arco, xogador de baloncesto do C. B. Breogán de Lugo. Este reto ten como obxectivo profundizar no estudo e investigación do citado síndrome, que é causado por unha mutación xenética.