lunes 16.12.2019

ANTELA 7 -MOLGAS 0

Os branquinegros arrasaron ó Molgas.

ANTELA  7 -MOLGAS 0

 Partido moi desequilibrado hoxe na Moreira. O partido non tivo máis emoción que ha de saber cantos goles lle ían caer a un Molgas desafiuzado. No primeiro tempo o enrachado Figueiredo por dúas veces e o sempiterno Rivero puxeron o 3-0. Na segunda parte Xosé, Pablo Forri, Iago Armada e Joni uníronse á festa. A pesar do frío e da chuvia os afeccionados antelistas acudiron á cita. Entre eles estaba o concelleiro de Urbanismo e representante de Áxil Moncho Gómez. Con este resultado os limiaos entran nos postos de ascenso