domingo 19/9/21

O Antela F.C estrea directiva para a nova tempada e sálvase do descenso

    A tormenta pasou e o Antela F.C poderá comezar a nova tempada 2016/2017 xogando en Primeira Autonómica. Tras meses de incertidume pola falta dunha directiva finalmente o club pasa a estar dirixido por un grupo de ex-xogadores e antigos directivos. Á cabeza deles está o novo presidente Pepe Pérez. Antonio Gómez e Carlos García son os nomes das outras persoas que colleron as rendas do Antela F.C.

A nova directiva faise cargo do equipo de Primeira Autonómica, o equipo xuvenil e o equipo veterano. O resto de categorías base quedarán baixo a tutela dos técnicos deportivos do Concello de Xinzo. 

Agora toca empezar a preparar a nova tempada que arranca o 4 de setembro e na que os locais se verán as caras co CF Monterrey. Por diante o Antela FC terá que enfrontarse con equipos como A Manchica, A Peroxa CF, Arnoia, Atlético, CD Allariz, CD Velle, CF Cortegada, Francelos, Maside, Ourense UD, Ribeiro FC, SD Bande, Sporting, UP Taboadela, Viana e o Xunqueira de Ambía. 

 

 

Comentarios