viernes 28.02.2020
O Antela volve gañar tras un decembro e xaneiro nefastos

O Antela gaña na Moreira ao Allariz

Antela 3-Allariz 1
O Antela gaña na  Moreira ao Allariz

Comezaron os locais moi incisivos e de contado meteron o primeiro mediante Juáncar trala saída  dun córner. Acto seguido meteu o do  empate o Allariz e pasou a dominar o partido antes do descanso.

Na segunda, o dominio foi totalmente branquinegro con moitas ocasións marradas por Joni e Pedro Castro. Os goles da vitoria foron de Joni tras unha xogada de Rivero e Pedro Castro e de Borja Rubén que se estreou como goleador cun cabezazo no segundo pau.

O Antela volve gañar tras un decembro e xaneiro nefastos. Para a semana chega o derbi das Estivadas no segundo partido do Entroido

O Antela gaña na Moreira ao Allariz