sábado 8/8/20

O Antela ganoulle o partido ó Allariz nun encontro con polémica pola arbitraxe

    O partido era de máxima tensión, o Antela recibía na Moreira o CD Allariz, primeiro na táboa de clasificación. O equipo con David Carnero á fronte comezou o encontro recibindo a un Allariz potente que saiu ó campo a defender o seu primeiro posto. 

Con todo a tarde tivo como protagonista a árbitro que pasados poucos minutos do inicio do partido, expulsou o porteiro do Antela. Foi unha decisión moi polémica que provocou o enfado da afección antelana e dos xogadores.  O entrenador tivo que botar man dos recursos e puxo baixo paus ó xogador Pisto. 

Así as cousas o xogo seguiu e os da casa frearon a racha do líder que levaba seis victorias seguidas.O triunfo do Antela veu das botas de Iago Peralta que marcou o gol decisivo para facerse co partido.  

Pese a rematar o encontro con 9 xogadores trala expulsión de Vispo, o Allariz non puido cun Antela imparable que sumou tres puntos que os deixan no posto número 11 con 25 puntos. 

Comentarios