miércoles 08.04.2020

O ANTELA NON LEVANTA CABEZA

Sporting Celanova 4 Antela FC 0

O ANTELA NON LEVANTA CABEZA

Derrota sen paliativos do Antela no derbi do Furriolo. Comezou o partido con dúas ocasións para cada equipo. Os locais meteron as dúas e os visitantes mandaron o balón ó longueiro. A partir de aí os celanoveses impuxeron o seu fútbol e na segunda parte xogaron a pracer aumentando as distancias ata o 4-0 final. Con este resultado o Antela suma un punto dos últimos 15 e asómase aos postos de perigo da táboa, alén de optar a postos de ascenso. Segue a mala xeira e o ruxe ruxe na esfera antelista