O Antela non puido cos de Cambados

Antela 27.11.22
O Antela non puido cos de Cambados

O Xuventude de Cambados desfixo o empate cando faltaban poucos minutos para o final

O Antela, perdeu a racha gañadora que levaba nas últimas semanas no campo do Xuventude de Cambados, despois de dominar e ir por diante na primeira parte.

A partir do descanso o Antela solo puido defenderse dos ataques dos de Cambados, que empataron o partido no minuto 70 e aos poucos minutos o árbitro pita un penalti a favor dos locais (nada que obxectar), marcando o equipo local e gañando o partido.