jueves 09.04.2020

O Antela segue gañando coas fichaxes como protagonistas

Peroxa 1- Antela 4
O Antela segue gañando coas fichaxes como protagonistas

Xa no minuto 1 marcou o guineano Clayton o primeiro gol. Un lategazo letal. Máis tarde o enrachado Pedro Castro puxo o 0-2. Antes do descanso os peroxistas recurtaron distancias. Na segunda os branquinegros xogaron a pracer e Pedro Castro de novo e a outra fichaxe Xoel Crespo puxeron o 1-4. Con esta boa xeira de resultados no entroido o Antela ponse a un punto dos postos de privilexio