sábado 07.12.2019

O Antela veuse cos 3 puntos do Ribeiro para Xinzo

O Antela veuse cos  3 puntos do Ribeiro para Xinzo

Os branquinegros conseguen unha vitoria fóra da casa dous meses despois. O partido comezaba co Antela moi enchufado e no minuto 9 xa se adiantou cun gol de Figueiredo. Pouco despois puido chegar o segundo a través de Joni, Pedro Castro ou de Figueiredo. Do Francelos non se soubo nada no primeiro tempo. Despois do intervalo chegou o segundo nunha xogada individual de Pedro Castro que rematou un defensa ribadaviense á súa propia porta. Despois do 0-2 o Francelos adiantou liñas e os antelistas sufriron, sobre todo no balón parado. Nas contras o Antela creaba perigo pero non mataba o encontro. A dous do final  os francelistas recurtaron distancias nun saque de curruncho. No desconto unha asistencia de Borja Rubén a Bass fixo que o senegalés metera o terceiro e o seu segundo no campionato. Con practicidade e oficio os discípulos de Miguel Alonso levaron os tres puntos para sumar 22 e colocarse no segundo posto empatado co Santa, Allariz e Ourense B. O Antela suma e segue.

O Antela veuse cos 3 puntos do Ribeiro para Xinzo