sábado 31/10/20

Ao San Roque de Bande gústalle o fútbol de veteranos

A comisión de festas organiza xunto coa asociación Bandidos Xóvenes e o Concello o primeiro torneo desta categoría REDACCIÓN [email protected] Twitter:@Dendealimia A Comisión de...
800_15690.cartel_campeonato_futbol7

A comisión de festas organiza xunto coa asociación Bandidos Xóvenes e o Concello o primeiro torneo desta categoría

REDACCIÓN [email protected] Twitter:@Dendealimia

A Comisión de Festas do San Roque 2014, en colaboración co Concello de Bande e coa asociación Bandidos Xóvenes, organiza o I Torneo de Fútbol 7 de veteranos. A competición celebrarase os vindeiros 28 e 29 de xuño no Campo do Outeiro.

Os equipos, que deberán estar compostos por un máximo de 14 xogadores, teñen ata o vindeiro 20 de xuño para inscribirse na competición mediante unha cota de 20 euros por conxunto.  As regras na disputa dos encontros serás as propias do fútbol 7 e haberá trofeos para os primeiros tres clasificados, así coma para o mellor xogador e o mellor porteiro.

 Para obter máis información pódese visitar a web oficial do torneo http://www.torneofultbolbande.wordpress.com ou ben poñerse en contacto cos organizadores por teléfono no 617 565 719 ou por correo electrónico escribíndolles a [email protected] .

Comentarios