domingo 19/9/21

Arrancou a “Ourense Strade Termal” que leva a preto de 400 inscritos pola Baixa Limia e Tourem

Os cicloturistas transitarán polos concellos ourensáns de Entrimo, Lobeira, Bande, Calvos de Randín, Muíños e Lobios, cruzando a fronteira de Portugal para pasar pola fermosa vila de Tourem

Emma González e Nava Castro coas demais autoridades, no corte de cinta da IV edición da Ourense Strade Termal
Emma González e Nava Castro coas demais autoridades, no corte de cinta da IV edición da Ourense Strade Termal

Esta cuarta edición conta, ademais, cun padriño de excepción, o exciclista, podium en Tour de Francia e La Vuelta España, Fernando Escartín, que luciu o dorsal número 1 na súa bicicleta e completará o percorrido Gran Fondo polo Xurés.

Este ano, como novidade, uníronse por primeira vez á proba os concellos de Entrimo, Lobeira, Bande e Calvos de Randín, que xunto aos concellos que xa forman parte da historia da proba como son Lobios e Muíños, “ofrecerán unha panorámica inesquecible da riqueza natural e paisaxística que lle pode ofrecer a nosa provincia aos visitantes”, dixo Emma González. Ademais, os cicloturistas pasarán a fronteira de Portugal pola fermosa vila de Tourem, e degustarán, grazas á Cámara Municipal de Montalegre, os famosos pasteis de nata, un símbolo que se repite cada ano na “Ourense Strade Termal”. bicicleta e completará o percorrido Gran Fondo polo Xurés.

A proba ofreceu aos participantes a posibilidade de inscribirse en dous percorridos: un gran fondo de 132 quilómetros e 1800 metros de desnivel e outro de medio fondo de 89 quilómetros e case 1500 metros de desnivel que farán desta edición unha das máis duras dos últimos anos. En total serán máis de 7 quilómetros de sterrato distribuídos en 4 tramos diferentes que farán aínda máis duro un percorrido sen apenas un metro de descanso.