martes 21/9/21

Baby-Basket este sábado no pavillón de Xinzo

A partir das 10:00 Concentración dos equipos participantes na liga 20/21

5

Este sábado o club Asociación Baloncesto Xinzo organiza a Concentración Clausura Baby-Basket, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.

5 equipos son os que se federaron esta tempada, pese ás restricións, protocolos e inquedanzas. Os clubes Blanco Amor, Bosco, Carmelitas e o A. B. Xinzo decidiron participar cos nenos e nenas   do 2013 ao 2015. 

Os partidos levaronse a cabo durante a “pequena” liga en Salesianos e Carmelitas; en Xinzo celebraremos a de clausura, onde aparte dos partidos haberá  agasallos a cada participante.

Nunha tempada tan difícil conseguimos recuperar o sorriso e a ilusión dos máis peques.

6

Comentarios