sábado 31/10/20

O baloncesto limiao presenta ás súas novas promesas

A canteira ao completo reuniuse nunha festa o pasado sábado no pavillón municipal  REDACCIÓN [email protected] As pequenas promesas do baloncesto limiao déronse cita...
todos1

A canteira ao completo reuniuse nunha festa o pasado sábado no pavillón municipal

 REDACCIÓN

[email protected]

As pequenas promesas do baloncesto limiao déronse cita o pasado sábado nunha festa na que non faltaron os orgullosos papás e mamás que ateigaron as gradas, e onde se puido comprobar, en palabras do concelleiro de Deportes Luis Miguel Gil que “o futuro desta disciplina na vila está asegurado”.

Os máis de cen xogadores e xogadoras bailaron ao ritmo da charanga XL que apareceu moi recentemente no panorama musical limiao, e aproveitaron para tomar unhas cantas fotos de familia. E antes de concluír cunha grande merenda, os equipos presentaron un a un e por categorías, a cada un dos seus membros. Ademais, os mellores estudantes de cada conxunto recibiron un recoñecemento por terse esforzado non soamente no ámbito deportivo, senón tamén no académico. Con este xesto a organización busca dirixir a atención dos rapaces máis alá da competición deportiva para que non esquezan o importante tamén da súa formación.

 

Comentarios