Baloncesto de minis no pavillón de Xinzo

Cartel baby basket
Baloncesto de minis no pavillón de Xinzo

O sábado a partir das 09:30

A Federación Galega de Baloncesto un ano mais escolleu Xinzo para celebrar o dia do “Babybasket”. Xunto coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo o club Asociación Baloncesto Xinzo e coa axuda de firmas colaboradoras os mais de 140 xogadores e xogadoras de minibasquet divertiranse competindo para rematar cun fin de festa de xogos e comida.

Os clubes participantes pertencen a Allariz, Barco, Bball, Bosco, Carmelitas, Deporlima, Maside, Verín e Xinzo.Todos os participantes teñen 7 e 8 anos.

Como en anos pasados a hostalaría de Xinzo será na que mais repercuta a presenza de todos os acompañantes dos rapaces e rapazas.