lunes 10/8/20

Un cabalo ourensán gaña por primeira vez un premio nacional de trote no Hipódromo de Antela

cabalosss
cabalosss

    A xornada nacional de Trote Enganchado que se celebrou o pasado domingo no Hipódromo de Antela, deixou un bo sabor de boca para os locais.

O Premio Baixa Limia foi parar para o cabalo Quartz D'Houssaye da Cuadra Manuel Puga de Villamarín. O xinete M.Domitila foi quen recibiu o galardón xunto co trotón francés que se adestra a diario nas instalacións do hipródromo antelán. 

cabalo

Por primeira vez un cabalo dunha cuadra de Ourense resulta gañador dun Premio Nacional de Trote Enganchado. 

A segunda praza foi para o cabalo Astrologue da mesma cuadra ourensana na segunda carreira Premio Jockey Club Galicia. Dende a organización califican a xornada como "todo un éxito de resultado para unha disciplina nacional que se estreou este ano na provincia baixo a regulación da Federación Española de Carreiras de Trote e o Jockey Club Galicia".

 

Comentarios