miércoles 08.07.2020
Tres días para solicitar a inscripción

Campus 2020 de verán en Xinzo

Grupos reducidos, servizos para conciliar e máis actividades ao aire libre

Campus xinzo
Campus xinzo

Dende hoxe queda aberto o prazo de inscrición para os campamentos infantís de verán de Xinzo, organizados polo Clube de Escolas Deportivas Concello de Xinzo coa colaboración da Concellería de Cultura.

Os campamentos terán este ano unha duración de dous meses, para facilitar o respiro familiar despois de meses de confinamento, e darán a opción de elixir quincenas ou mensualidades completas. Poderán inscribirse neles todos os nenos e nenas nacidas entre os anos 2007 e 2013

Campus xinzoO covid-19 obrigou a introducir cambios e novidades con relación a edicións anteriores, que teñen que ver co cumprimento estrito dos protocolos de sanidade.

Así, a programación inclúe diferentes tipos de actividades rotativas con grupos reducidos de 9 rapaces e rapazas por cada monitor. Realizaranse sempre que se poda ao aire libre e establécese un servizo “madruga” (de 90:30 a 10:30), para facilitar a conciliación a nais e pais.O horario será de 10:30 a 13:30.

En canto as actividades ofertadas, van dende xogos deportivos a obradoiros varios, pasando por orientación, sendeirismo ou piscina.

O prazo de inscrición para a primeira quenda do campamento permanecerá aberto ata o 26 de xuño e deberá formalizarse na oficina do Pavillón de Deportes ou na Casa da Cultura, con descontos para os nenos e nenas censadas en Xinzo.

Os prezos oscilan entre os 100 euros polo mes completo (185 por dous meses) e os 55 euros por cada quincena. O servizo “madruga” ten un custe de 10 euros por quincena.