A campiona de España Carolina Rodríguez visita Xinzo como previa ao IV Festival de Inverno

FESTIVAL DE INVERNO 17
A campiona de España Carolina Rodríguez visita Xinzo como previa ao IV Festival de Inverno

O sábado 16, Carolina Rodríguez impartirá unha xa anunciada master-class de ximnasia para 80 ximnastas en horario de mañá e tarde no Pavillón Municipal.

Esta fin de semana visita o Concello a ximnasta finalista olímpica Carolina Rodríguez. Dende mañá venres ata o domingo será a protagonista de diferentes eventos organizados polo C. E. D. C. Xinzo e a Concellería de Deportes. Carolina Rodríguez, ademáis de finalista olímpica, tamén foi varias veces campiona de España.

Xa o sábado 16, Carolina Rodríguez impartirá unha xa anunciada master-class de ximnasia.

O venres 15, ás 10:30 horas impartirá unha charla para os CEIPs Carlos Casares e Rosalía de Castro no Auditorio da Casa de Cultura de Xinzo. Ás 12:00 horas será recibida pola corporación co Concello de Xinzo de Limia e ás 12:30 horas impartirá outra charla para os IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela no Salón de Actos do Lagoa.

Xa o sábado 16, Carolina Rodríguez impartirá unha xa anunciada master-class de ximnasia para 80 ximnastas en horario de mañá e tarde no Pavillón Municipal.

IV Festival de Inverno
Xa o domingo, día 17 de decembro, dará comezo ás 11:30 horas o IV Festival de Inverno no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia. Nel participará a Banda B da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia, así como ximnastas de toda a provincia –Celanova, Barbadás, Ourense...–.

Ao final do festival, a finalista olímpida Carolina Rodríguez, realizará unha exhibición especial para fechar a xornada.