Carlos Canal medalla de honra do Concello

IMG_0514
Carlos Canal medalla de honra do Concello

Ciclista de BTT campión de España e limián

O pleno ordinario celebrado pola corporación local na mañá do día 7 de xaneiro comezou cos concelleiros e o público todos en pe para gardar un minuto de silencio polo pasamento dun veciño do Concello, Eloy Gómez, que segundo palabras do rexedor, foi un dos precursores do que hoxe é o fútbol base na nosa vila.

O seguinte punto no orde do día era o expediente de honra a Carlos Canal, veciño de Xinzo como recoñecemento a súa traxectoria no mundo do ciclismo de montaña, polos seus éxitos a nivel galego, nacional e internacional . Carlos Canal, recibiu a medalla do Concello e asinou no libro de honra. Estaba acompañado entre o público pola súa nai e por familiares directos.

Unha vez rematado o acto protocolario pasouse a debater o seguinte punto da orde do dia referente a unha moción de Xinzo Adiante para que “O concello de Xinzo inste a Xunta de Galicia a esixir o cumprimento do contrato de cesión e xestión da estación de autobuses de Xinzo. Foi aprobada a moción por unanimidade.