martes 21/9/21
Deportes

Carreiras de cabalos polo Día das Letras Galegas

Nesta ocasión o Premio Carlos Casares disputarase ás 14:00 horas onde veremos un incuestionable enfrontamento entre os cabalos de raza inglesa das cuadras galegas. 

Salida de Cajones 2017 Hipodromo de Antela
Saída de caixóns no Hipódromo de Antela

Os amantes dos cabalos tamén terán mañá posibilidade de celebrar o día máis importante das nosas letras vendo galopar no Hipódromo de Antela. Haberá tamén exhibicións e carreiras de ponis.

A primeira carreira disputásese ás 12:00 horas con 7 cabalos ingleses en liza para o Premio "Un país de palabras". A segunda carreira está previsionada para as 12:40 horas e é exclusiva para cabalos de Pura Raza Árabe. Seis serán os cabalos que disputen esta proba .

17973739_1328007580615352_7334825923245648295_o

Ás 13:00 horas terán unha exhibicion de cabalos Pura Raza Galega en "Doma Clásica" e "Alta Escola", posta en valor do noso histórico PRG da man da Asociación Cabalo Galego. Xa as 13:20 horas, os xinetes do mañá enfrontaranse cos seus inquedos ponis. Coma sempre, sairán en handicad para compesar a altura de cada poni. 

IMG_20170516_123119

Celébrase, xa que logo, un ano máis, a xornada Clásica de Carreiras do Día das Letras Galegas. Nesta ocasión o Premio Carlos Casares disputarase ás 14:00 horas onde veremos un incuestionable enfrontamento entre os cabalos de raza inglesa das cuadras galegas. 

cartel dia das letras galegas y premios

O gañador de cada carreira, ademáis do premio económico, recibirá un libro escrito por Carlos Casares. Ao concluír a xornada sortearase entre os asistentes outra obra do escritor Carlos Casares. Todos os libros foron doados polo Concello de Xinzo de Limia .
 

Comentarios