miércoles 28/7/21

Case un centenar de nenos participan no campamento de Verán, unha proposta do Concello para favorecer a conciliación e o ocio seguro

O Campus de Baloncesto Salva Arco e o Campus de Futbol Celta de Vigo son só dúas das próximas propostas para os máis pequenos

campamento4

Non hai descanso nas actividades de verán programadas polo Concello de Xinzo a través da concellería de Deportes. Unha vez rematados os campus de fútbol e baloncesto nos que participaron máis dun centenar de rapaces, hoxe arrancou o Campamento, case un centenar de inscritos. A iniciativa, dirixida a nenos de nados entre o 2008 e o 2014, pretende favorecer a conciliación durante as vacacións escolares dos pequenos e ofrecer alternativas de ocio seguro.

campamento6As actividades desenvolveranse con todas as medidas de seguridade e prolongaranse ao longo de todo mes con diferentes escenarios. Deste xeito, os nenos poderán participar en xogos de orientación, senderismo, tenis, olimpiadas, piscina e diferentes obradoiros, entre outras propostas. As prazas son limitadas e os interesados en participar deberán inscribirse previamente no pavillón de deportes ou na Casa da Cultura. Dependendo das datas nas que se prefira asistir e de si os nenos están empadroados no concello se cobrarán as distintas tarifas. Os interesados poden poñerse en contacto coa organización no enderezo electrónico [email protected] ou no número de teléfono do pavillón, 988 46 10 20.
Moitas propostas para as próximas semanas
En total, serán unha vintena as iniciativas que se porán en marcha ao longo do verán, a maioría delas ao aire libre para minimizar ao máximo o risco de contaxios polo covid-19. Nos últimos días os veciños e visitantes xa puideron participar no Xinzo Fit, ximnasia no parque do Toural. Trátase dunha proposta que xa se deu a coñecer o ano pasado e á que se poderá asistir os martes, xoves e domingos.

Os federados poderán inscribirse no Campionato Galego de Orientación en BTT, que terá lugar o 18 de xullo no campo de A Moreira. Un día máis tarde celebrarase o torneo de pádel sub-16, mentres que o de pádel absoluto será o 30 de xullo.campamento5

Para os máis pequenos da casa tamén se organizaron o Campus de Baloncesto Salva Arco e o Campus de Futbol Celta de Vigo. Ambas iniciativas serán os primeiros días de agosto e diríxense a nenos nados entre o 2007 e o 2015. 

O verán non acaba en agosto e son moitas as actividades que se levarán a cabo no mes de setembro, como unha andaina o día 5; o Torneo de Fútbol Memorial Eloy Conde; Torneo de Fútbol Memorial Toñito; Campus de Ximnasia Rítmica e Gala do Deporte do Concello de Xinzo de Limia. Un 3x3 de baloncesto e outro de fútbol completan o programa.

Case un centenar de nenos participan no campamento de Verán, unha proposta do Concello...