O COVADONGA AFONDA NA CRISE DO ANTELA

IMG-20191215-WA0001
O COVADONGA AFONDA NA CRISE DO ANTELA

Covadonga 1 Antela FC 0. O

Partido frouxo o disputado hoxe en Eiroás. Escaso fútbol e poucas ocasións de gol. Comezou o partido con moitos rexeites e sen apenas ocasións. Puido marcar Figueiredo nun man a man co porteiro e nunha contra mal definida por Rivero. Despois do descanso os locais meteron o único gol do partido nun lanzamento dende a frontal que deu nun defensa e acabou no fondo das redes. A partir de aí faltas, balóns parados e perdas de tempo por parte do Covadonga. Os locais souberon ler o partido e leváronse os tres puntos sen apenas esforzo. Os antelistas suman a terceira derrota seguida e alónxanse do ascenso.