Cruz Vermella de Xinzo organiza unha nova masterclass solidaria

cartel zumba Xinzo Oro 2017 (2)
Cruz Vermella de Xinzo organiza unha nova masterclass solidaria

Esta formación consistirá en sesións de zumba, aerotono e C.K.B impartidas por Tania Cardenal e Daniel Raya.

Cruz Vermella de Xinzo celebraunha nova edición da súa "masterclass solidaria" o vindeiro día 29 de xuño ás 20:00 horas na Praza de San Roque, contando de novo coa colaboración de Fusión Fitness.

A inscripción para participar neste evento será un boleto de lotería do Sorteo do Ouro.

Esta formación consistirá en sesións de zumba, aerotono e C.K.B impartidas por Tania Cardenal e Daniel Raya. Contarase coa presenza de Disco Móvil Chery que amenizará coa súa música cada unha das sesións. Ademáis tamén se poderá presenciar unha actuación de "minizumba".

A inscripción para participar neste evento será un boleto de lotería do Sorteo do Ouro –cun prezo de 5 €– e poderase conseguir en Fusión Fitness S.L, na Cruz Vermella de Xinzo ou en Centro Sport.