O deporte de Xinzo celebrou a súa 2ª Gala

Momento da presentación
O deporte de Xinzo celebrou a súa 2ª Gala

30 deportistas individuais e equipos foron galardoados

O pavillón de deportes de Xinzo, ante a presencia de máis de 400 persoas entre deportistas e familiares que desfrutaron coa gala na que ademais de trofeos houbo maxia, que estivo da man do mago EIMI e a música estivo a cargo dun dúo de alumnos da Agrupación Musical da Limia.

A presentación da gala estivo dirixida por Patricia Santana e Pablo Rios que repetían como presentadores.

O ATLETISMO LEVOU A MAIORÍA DOS GALARDÓNS INDIVIDUALES

Nesta segunda edición da Gala do Deporte o atletismo fíxose acredor da maioría dos premios individuais. A gran maioría dos premiados pertencen ao club LIMIACTIVA, aínda que un ano mais estivo premiado Rubén Díz , África Gómez e Noa Rodríguez que pertencen a Ourense Atletismo e ao club ximnasia pavillón.

Por orden os premiados foron os seguintes:

ALEJANDRO FERNÁNDEZ, ADRIÁN CHAPADO; ROI MELLADO; CECILIA ENRÍQUEZ ; IRIA BLANCO; BRAIS GÓMEZ; NOA RODRÍGUEZ; RUBÉN DÍZ E ÁFRICA GÓMEZ

Tamén o futbol acadou moitos trofeos:

Logo do atletismo o deporte do futbol foi o que acadou moitas distincios cos equipos de base da E.D.C Xinzo, e como non o Ántela que logrou ascender de categoría na campaña pasada.

E.D.C. XINZO ALEVÍN C

Doblete: Campión de Liga e Campión de Copa Deputación.

E.D.C. XINZO INFANTIL

Campión de Copa Deputación

ANTELA F. C.

Campión de Liga e ascenso á categoría Rexional Preferente.

GERMÁN NOVOA

Campión da Copa Federación co Clube Deportivo Arenteiro.

Como deporte de equipo tamén tivo o seu recoñecemento o equipo do A.B. Xinzo Júnior Masculino de baloncesto que foi campión da liga 21-22.

cats-gala deporte 1
cats-gala deporte 1

Voltou LIMIACTIVA a ser o club protagonista no apartado da disciplina ORIENTACIÓN na que moitos dos seus atletas destacaron a nivel Provincial Galicia e España.

MARTÍN MORALES

CAMPIÓN DE ESPAÑA M50 MODALIDAD SPRINT

ROBERTO FEIJOO

3º CLASIFICADO M21B LIGA GALEGA SPRINT

LUCAS BARJA

CAMPIÓN COPA DEPUTACIÓN ALEVÍN

2º CLASIFICADO M12 NA LIGA GALEGA DE O-PÉ

CAMPIÓN LIGA GALEGA SPRINT M12

JUAN GARRIDO

2º SENIOR MASC. COPA DEPUTACIÓN

2º XUVENIL MASC. CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR ORIENTACIÓN

CAMPIÓN LIGA GALEGA SPRINT M18

IRENE MORALES

Campioa Copa Deputación Sénior Fem.

RODRIGO DÍAZ

3º sénior masc. Copa Deputación de Orientación

EVA ENRÍQUEZ

2ª veterana fem. Copa deputación de Orientación

O KÁRATE, o KICKBOXING e o MONDIORING, tamén tiveron distinción individuais na Gala:

IRIA TEIJEIRO

MEDALLA DE BRONCE EN KATA INICIACIÓN ALEVÍN - CLUB DE KÁRATE MIZUKAMI MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO NACIONAL INFANTIL

SANTIAGO GÓMEZ

CLUB KICKBOXING XINZO; MEDALLA DE OURO NO CAMPIONATO DE GALICIA INFANTIL

KAWTAR ABOCHAID

CLUB KICKBOXING XINZO

SERGIO MAUS

CAMPIÓN DE ESPAÑA DE MONDIORING GRADO 3, E 17º NO CAMPIONATO DO MUNDO

HOMENAXE A DOUS EX TRABALLADORES DA CONCELLERÍA DE DEPORTES

Momento da recollida dun dos trofeos de futbol base

Tamén houbo nostalxia na Gala ao recordar o paso polas dependencias do pavillón, un como técnico e outro como conserxe para facerlle entrega tamén dun recordó a Jesús Fariñas e Ricardo Peleteiro .

Por último recibiron a súa distinción deportistas de TRAIL MONTADO (especialidade de doma) así como de ximnasia e por último unha mención moi especial ao ciclista Carlos Canal.

TRAIL MONTADO

JÉSICA CID

CAMPEONA DE LA COPA DE GALICIA DE TRAIL MONTADO 2022. MOD. REGULARIDAD

TRAIL MONTADO

PATRICIA MARTÍNEZ

SUBCAMPEONA DE LA COPA DE GALICIA DE TRAIL MONTADO 2022. NIVEL 1

1º clasificado Copa Deputación Ximnasia

XIMNASIA

E.D.C. XINZO INFANTIL

CLUB ESCOLAS DEPORTIVAS CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

2º clasificado Copa Deputación Ximnasia

XIMNASIA

E.D.C. XINZO CADETE

CLUB ESCOLAS DEPORTIVAS CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

MENCIÓN ESPECIAL CICLISMO

CARLOS CANAL

Contrareloxio, Volta a Cataluñaarticipante na Volta a España, Campionato de España en ruta, Campionato de España de, Tour de Oman, Tour de Eslovenia, Gran Camiño entreoutros